as galerias dun tal marra

mentras haxa escrav@s voluntári@s, haberá amos, e portanto, non haberá persoas libres

pardiñas 2012

XXXIII FESTIVAL DE PARDIÑAS

Pardiñas, 4 agosto 2012          ©xosé marra

ISTO DE ABAIXO É PUBLICIDADE, IGNÓRAA:

2012/08/04 - Posted by | galerias

4 comentários »

  1. vaia, estivemos a poucos metros un do outro… nunha das fotos sae o can que levaba da correa o amigo que ía comigo…
    parece que compartimos a choiva 🙂

    Comentar por Zeltia | 2012/08/05 | Responder

  2. Pasache por diante miña. Invisíbel. E eu, refuxiado da choiva na carpa da gaita electrónica, mentras tiraba fotos. O can cruzaba a raia amarela. Momento máxico. Eran as 19:57, di a cámara.

    Comentar por untalmarra | 2012/08/05 | Responder

  3. Vou compartir un poema de W. Szymborska, que me levaron a lembralo estes dous nosos comentarios. E do libro “fin e principio” de 1973 e títúlase “Amor a primeira vista”

    “Ambos están convencidos
    de que os uniu un sentimento súbito.
    Fermosa é tal certeza,
    pero a incerteza é máis fermosa.

    Coidan que como non se coñecían antes,
    nunca acontecera nada entre eles.
    Mais que pasa coas rúas, as escaleiras, os corredores
    nos cales puideron cruzarse dende hai moito tempo?

    Quereríalles preguntar
    se non lembran
    -quizais nunha porta xiratoria
    en certa ocasión cara a cara?,
    algún “perdón” entre o xentío?
    unha voz “número equivocado” no teléfono?
    pero coñezo a súa resposta,
    Non, non lembran.

    Sorprenderíanse moito
    de que dende hai xa moito tempo
    xoga con eles o azar.

    Aínda non preparado anteiramente
    para convertese no seu destino,
    achegábaos e afastábaos,
    pecháballes o camiño
    e contendo a risa
    apartábase cara un lado.

    Houbo indicios, sinais,
    e que, se son ilexibles.
    Quizais fai tres anos
    ou o martes pasado
    algunha folla voou
    de ombro en ombro?
    Foi algo perdido e alzado.
    Quen sabe se xa unha pelota
    nos arbustos da infancia?

    Houbo picaportes e timbres,
    nos que a tempo
    en tacto se superpuxo a outro tacto.
    Maletas preto nunha consigna.
    Houbo tal vez certa noite o mesmo soño,
    inmediatamente borroso despois de espertar.

    Porén cada comezo
    é só unha continuación
    e o libro dos acontecementos
    sempre está aberto pola metade.”

    ——–

    (eu non creo nestas cousas… pero son lindas, Marra)

    Comentar por zeltia | 2012/08/16 | Responder

  4. fermoso. Si.

    Comentar por untalmarra | 2012/08/17 | Responder


Deixe um comentário